Un furancho é un pequeno canto da xeografía galaica no que se dan cita os mellores ingredientes desta terra: boa comida, bo viño, natureza e xente amable..

En esencia, son casas particulares, con algunha zona habilitada para que os visitantes poidan degustar o viño propio do terreo, acompañándoo duns manxares caseiros á altura da calidade de veuna. Entre estes, o máis normal serán as tortillas (sempre con ovos de casa), a empanada (feita con amor e moita fariña polos propios donos e se é de millo, moito mellor), carne ao caldeiro, zorza, chourizo, queixos… En fin, xa me entendedes; prefiro non seguir enumerando viandas ou o meu estómago comezará a devorarse a se mesmo. Ese o o verdadeiro segredo dos furanchos: ofrecer comida caseira con produtos propios, como a que facían as avoas.

Seguinte: ¿Furanchos ou Loureiros?