Lanzamos a nosa nova web

Lanzamos a nosa nova web

Esta páxina ten a estrutura dun blog onde cada entrada representa a un furancho. É certo que non é do estilo dun blog tradicional. Neste caso preferimos deseñar unha portada especial, na que destaca un mapa coa situación dos furanchos, así coma un buscador totalmente funcional. Na portada tamén irán aparecendo distintas seleccións cos furanchos máis recentes, últimos comentarios, información xeral, noticias relacionadas, etc.

Independentemente da sección da web na que nos atopemos, na parte central da páxina haberá sempre un buscador co icono da lupa. Ahí poderedes escribir o nome dun furancho que coñezades, ou ben unha zona e radio para localizar os furanchos máis achegados. Isto é especialmente útil, se visitáchedes a páxina con anterioridade ou vos quedastes co nome dun furancho e queredes máis información rápidamente.

Respecto do mapa xeral de tódolos furanchos dicir que é un mapa ó estilo Google Maps, no que poderedes facer zoom para ampliar as zonas e onde os furanchos e demáis locales virán señalados por globitos. Pulsando en calquera globo mostraravos un acceso directo á entrada do furancho en cuestión. Os furanchos veñen indicados por un globo cun polbo, e o resto de ranchos por un globo cunha grella.

Unha vez que accedades á entrada dun furancho, poderedes ler unha descripción do mesmo, visualizar unha ou varias fotos do local e a súa comida, consultar información sobre o seu enderezo e localización (así como o teléfono, email ou web en caso de que teña), unha sección do mapa xeral có furancho sinalado nel, unha zona para dar “Me gusta” e compartir o furancho en redes sociais, e máix abaixo os comentarios dos visitantes, onde animámosvos a que tamén fagades o voso.

Para calquera dúbida sobre o funcionamento da web, podedes empregar o formulario da zona de “Contacto” que aparece na parte inferior dereita da páxina, escribindo a vosa consulta e un enderezo electrónico (email) válido ó que poder responderos.