Os Furanchos e a COVID-19

Os Furanchos e a COVID-19

A directora xeral da Administración Local, Marta Fernández-Tapias, mantivo este venres unha reunión co presidente e vocal da Federación Provincial de Furanchos, a quen informou de que, sempre que cumplan coas medidas de hixiene sanitarias establecidas polo Estado, poden solicitar ao Concello a apertura dos seus locais ata o 31 de xullo. O colectivo reclamaba poder abrir todo o mes de agosto para poder dar saída a todo o seu viño.

Tal como concretou durante a reunión, o inicio da actividade furancheira está permitida dende o 11 de maio en aqueles casos en que se presten os servizos ao aire libre, e dende o 25 de maio cando desempeñen a súa actividade no interior.

Todos os Furanchos deben seguir as restricións marcadas en materia de saúde pública e prevención da COVID-19.

Información obtida no Faro de Vigo.