Nos último anos, os furanchos foron adquirindo certa fama, (relativamente, pois non son moi coñecidos fóra das nosas fronteiras, e mesmo na Galicia máis interior, non é costume achalos) e nalgúns casos, do garaxe pasouse ao alpendre e de aquí a un patio e un anexo dedicado única e exclusivamente a labor furancheira, amoblado cunha barra e mesas para os clientes. Os apocalípticos claman que de seguir así, remataremos con furanchos servindo comida directamente ao coche dos clientes, ao estilo de certas cadeas de comida rápida; o cal por certo é contrario á filosofía furancho, en que a comida ha de ser lenta, repousada e acompañada dunha boa conversación. Afortunadamente, isto dista moito de chegar a acontecer.

Seguinte: Furancho Evolution